Os meus principáis clientes son particulares, estudos de enxeñería e arquitectura, pequenas empresas e comunidades de montes. Levo a cabo proxectos de construción de naves agro industriais, levantamentos topográficos, estudo-encaixe e replanteo de obras de edificación, informes periciais para diferentes despachos de avogados, etc... Nesta sección poderá ver con mais detalle en que consisten algúns dos meus servizos:
É sinxelo facer un gran traballo cando realmente confías nos teus colaboradores. Teño a sorte de contar coas aportacións dun Arquitecto, dun Enxeñeiro en Geomática e Topografía, dun Enxeñeiro Civil e dun Avogado entre outros profesionáis, todos eles véñenme demostrando a súa gran valía nos múltiples proxectos que levamos a cabo xuntos. Estes son algúns dos meus servizos.